os pirocas

Simplemente outro sitio blogaliza.org máis

ENTEVISTA A CELSO FERNANDEZ

Celso Fernández Sanmartín, naceu en Lalín en 1969, é un poeta e contacontos galego.

 Traxectoria

É Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela.

Obra

Poesía

  • Divagacións iú (edición de autor, 1991).
  • O tigre das cenorias (edición de autor, 1994).
  • (sen título) (edición de autor, 1995).
  • Propiamente son captivo (Letras de Cal, 1997).
  • Fucsia, talladas, estampados, boca (Imprenta Librería Alvarellos, 2001).
  • Gratas e boas novas (2011).

Obras colectivas

ENTREVISTA

–         Celso Fernández Sanmartín, escritor, contacontos , como te consideras, mais un contacontos que escribe poesía ou un poeta que conta contos?

o        Son dous regatos que beben da mesma fonte: A Lingua. E dita Lingua, nas súas expresións orais ou literarias, ás veces confúndense e ás veces ambas búscanse e atópanse.

–         Sendo contacontos viaxaches por moitos sitios, algunha vez che supuxo un problema contar contos en lingua galega e tiveches que cambiar de idioma?

o        En Galicia nunca tiven problema, a pesares de que hai nalgunhas personas certa intención de menosprezo contra o noso idioma. Fóra de Galicia tampouco tiven nunca problema, e incluso teño atopado máis respeito e estima por ser un contador indisimuladamente galego.

–         De tódalas expresións e palabras da nosa lingua, hai algunha que case non se use e consideras que non se debería perder?

o        O idioma é un ser vivo, da caste dos mamíferos terrestres diría eu, e como tal perde pelo e nácelle outro. O problema sería que lle deixara de nacer pelo, ou que lle poñan un plástico porriba… non sei se me explico…

–         No teu caso que foi antes a poesía ou os contos?

o        Conscientemente, a poesía; e inconscientemente, os contos e as historias de vida.

–         Que poetas,  escritores te marcaron á hora de crear as túas obras?

o   Rosalía de Castro, William Carlos Williams, Ernesto Cardenal, Manuel Antonio, Emilio Araúxo, etc.

–         Como ves a poesía actual galega? E a túa xeneración con respecto as anteriores?

o        Vexo que a xeración dos 90 (á que din que pertenzo) madurou ben e hai moitas das personas que se enmarcan nela que son as que hoxe en día máis serio están traballando, dando boas froitas e plantando boas plantas.

–         Para que serve a poesía nos tempos nos que só se fala de sentimentos virtuais, manipulación xenética e falta respecto para natureza?

o        Tamén se fala de sentimentos presenciais, agricultura biolóxica e ecoloxismo activo. Así e todo, a poesía pode medrar en calquera terreo, a poesía é un híbrido…, nen a reflexividade nen a ética son patrimonio certo dela, só hai que mirar cantos productos se presentan como “poesía”.

–         Que libro nunca puideches acabar de ler?

o        Foi un de poesía, pero non me lembro cal foi… Pasoume hai moitos anos, quen sabe, se o volvera coller hoxe… igual me parecía importante.

–         E por último, que lle dirías a algún de nós que esta a decidir se  quere dedicarse a poesía?

o        Diriádesme vos a min que seguira escribindo?… En todo caso é unha dúbida retórica, un vive na poesía ou non vive na poesía. Un busca sempre o que precisa, e ata estando deitado un pode recibir a poesía.

 

 

About

View all posts by

One Response

  1. Celso fernandez | Interswitchweb says

    […] os pirocas » Blog Archive » ENTEVISTA A CELSO FERNANDEZ […]