os pirocas

Simplemente outro sitio blogaliza.org máis

Latest Blogs
Popular Posts
Recommended

Latest Blogs

ajax-loader

ALUCINANTE

Pepe: Que, xa lle puxeches a demanda ó que che pegou a paliza o domingo pasado? Ramón:Puxen home puxen. Pepe: É que xa se sabe quen foi ? Ramón : Si oh,va que non sabes o que pasou!!! Pepe: Home como o vou saber! Ramón:Pois non me aceptaron a demanda porque seica a escribin en galego.… Read More

PENSAMENTOS

Houbo un momento no que pensei que isto se acababa, non tiña ganas de vivir, as horas pasábanme lentas, quería que rematase xa. Soñei cun despertar, cun renacer, cun volver a ser eu. Só era un espellismo. Mireme no espello, non vía nada, fixeime nos meus ollos e unha luz cegadora  pasou diante de min.… Read More

A MIÑA POESÍA COAS CARACTERÍSTICAS DOS 90

Espertei abrín os ollos vinte deitada na cama desexei non pechalos máis     Gustaríame sentarme ao pé dun carballo contigo ollar os gatiños mamando da gata ver as estrelas sen chegar a noite escoitar as verbas dun río   A auga das túas bágoas é máis pura que os manatiais   Esperamos xuntos a… Read More

AMOR DE REDE (POEMA)

Quero formar parte do teu estado de tuenti, ser a túa foto de perfil, pasar horas conectado esperando ver o teu nome nos chats, subir ate a montaña mais alta buscando cobertura porque tkm xd xd xd.

A mellor música témola aquí !!!!!

Dende sempre Galicia contou con grupos moi representativos como as Voces Ceives , Os Resentidos, A roda ….pero é que agora a música galega non está perdida nin moito menos. Galicia conta hoxe en día cun gran variedade de rexistros musicais.Velaquí algúns dos meus grupos favoritos: Os Mordecáns=deste grupo destaca o seu ritmo e máis… Read More

APELIDOS DO DEZA

Louzán=belo, soberbio ,luxurioso,vital. Neira= do topónimo Neira. Portela=paso elevado entre as montañas. Souto=do latín vulgar “saltu”, que significaba pasto de montañas, pasto entre árbores. Torres=do topónimo “Torre” (lugares onde existiu algunha edificación como un castelo,un campanario, unha fortaleza…)

PERIGO!!

Constátase  que  na educación dos nenos e nenas de menos de seis anos que viven nas zonas máis poboadas da comunidade produciuse un grave descenso no uso do  galego, incrementandose desta maneira o uso do castelán. As asociacións linguísticas advirten que o uso maioritario de castelán nas zonas máis poboadas e nas idades máis temperás… Read More

FINA CASALDERREY E UXÍA BLANCO IGLESIAS NO CEIP CERDEIRIÑAS

Fina Casalderrey e Uxía Blanco Iglesias visitaron a pasada semana o CEIP Cerdeiriñas. Alí estiveron  falando cos rapaces con motivo dunha película que se vai realizar en honor ao último libro de Neira Vilas. Esta non foi unha charla normal senón que houbo unha especie de preelección de rapaces que poderían actuar nela. Quen sabe igual… Read More

ajax-loader